24 jun. 2019

CURSO 2018- 2019

Aquí vai unha pequena mostra do que foi o noso curso. Espero que o disfrutedes... 



9 may. 2019

OBRADOIRO DE ROBÓTICA CON BLUE-BOT: 2ª SESIÓN.

Para empezar amosamos aos peques un novo panel con catro recorridos para chegar ao gomet amarelo.
Na sesión anterior programamos realizando o recorrido con  moitas paradas, é dicir programando de un en un cada movemento.




 Agora, plantexamos o reto de programar de forma continua todos os movementos dunha soa vez. Así que por grupos foron intentando realizar diferentes recorridos dun tirón , cunha dificultade graduada. Ás veces saía a primeira outras tiñamos que intentalo de novo. 



O MAGO PEDRO BUGARÍN






O martes pasado, 30 de abril, asistimos ao Auditorio da Casa da Cultura para presenciar a actuación do mago Pedro Bugarín, onde ademais de gozar coa actuación deste extraordinario mago, cada nen@ recibiu como agasallo o libro editado polo propio Concello da Cañiza: "O Santuario da Franqueira" do autor homenaxeado este ano 2019 nas Letras Galegas, Antón Fraguas.

 Pasámolo xenial!!

10 abr. 2019

"PÁJARO AMARILLO" E "LEOTOLDA": HORA DO CONTO

 
PÁJARO AMARILLO

"Pájaro Amarillo", de Olga de Dios é un precioso libro que pertence á colección de "Monstruo Rosa" desta marabillosa autora, que agora amósanos a aventrura de "Pájaro Amarillo", un entrañable paxariño que antes de nacer era diferente .
É un conto sobre o valor de compartir. Invítanos a coidar o planeta no que vivimos e liberar as nosas ideas polo ben común. 




LEOTOLDA


Olga de Dios, autora do libro, preséntanos a tres personaxes una tanto peculiares que buscan a súa amiga Leotolda. Mentres lemos o conto descubrimos que Leotolda é redonda, alegre e de moitas cores pero temos que axudarlles a encontrala. Cada un/unha fixo a súa Leotolda con estas características...
Agora os tres colegas xa poden atopala, grazas a nosa axuda

 

4 abr. 2019

OBRADOIRO DE ROBÓTICA CON BLUE-BOT : 1ª SESIÓN,

         Os nenos e nenas de infantil comezaron a traballar co novo robot  "Blue-Bot".


 O primeiro que fixemos foi observalo e decir as súas características (transparente, con botóns, ten cables...) e por consenso o nome elexido foi "Mariquitiña", non está nada mal :-)
         Nesta primeira sesión o importante era familiarizar ao alumnado con este recurso e o seu funcionamento, coñecer e interiorizar as ordes dos comandos.

 Nun tris foron capaces de manexalo eles sós polo taboleiro... Os maiores xa se atreveron a facer recorridos máis longos para chegar ao círculo amarelo.





Con este tipo de actividad os peques reflexionarán, anticiparán, ensaiarán e comprobarán para logo repensar sobre as súas observacións. Tamén participan no diálogo, na expresión e na comunicación e aprenden a traballar en equipo buscando distintas solucións. Poñen en practica o ensaio-error.

 Axiña volvemos con máis sesións de robótica!!!


31 mar. 2019

APÍPOLILS

O pasado día 21 de marzo fomos de excursión a Apípolis onde puidemos descubrir en vivo e directo o mundo das abellas, uns dos seres vivos máis importantes para o equilibrio ecolóxico.
Levamos a cabo un obradoiro de galletas, recollemos mel, fixemos unha vela e o mellor... vestímonos de apicultores e entramos a observar as colmeas. 

Foi xenial!!!


 

26 mar. 2019

DÍA DA ÁRBORE

Co gallo da celebración do día da árbore tivemos unha saída, actividade promovida polo noso concello, á zona de "Augas Férreas" para prantar castiñeiros e cerdeiras. 

Agora toca coidalos e ver como medran.
 

O NOSO CORPO POR DENTRO


Durante estes meses estivemos traballando o corpo por dentro. A través da visualización de diferentes capítulos de "Érase una vez el cuerpo humano" e "Happy Learmning" vimos algúns dos sistemas que o forman: circulatorio, dixestivo, respiratorio...así descubrimos os nosos órganos.


 - Fixemos diferentes fichas para o noso dossier onde escribimos as partes que compoñen cada sistema .


- Contruímos o noso corpo por dentro cos diferentes órganos (corazón, esófago, estómago, intestinos, pulmóns, cerebro...)
- Experimentamos cuns pulmóns artificiais para aprender o seu funcionamento. Os globos interiores fan a función dos pulmóns que se expanden ao inspirar e contraen ao expirar.
- Traballamos no ordenador e na tablet.

 
 - Investigamos nos diferentes libros e materiais aportados polas nosas familias.

 
O noso proxecto xa chega ao seu fin , agora estamos a xogar cos nosos sentidos. Xa volo iremos amosando.

24 mar. 2019

O GRAN DÍA... O DESFILE DE ENTROIDO

Por fin chegou o día esperado e os xardineir@s de Valeixe puideron saír a lucir os seus disfraces na mañá do venres, 01 de marzo.
 Ilusionados por mostrar os seus mandilóns, regadeiras e sombreiros de palla, o sol fixo que o día acompañase e puidesemos disfrutar dunha xornada estupenda.
As nosas familias tiñannos preparada unha rica merenda. Mil grazas, estaba todo boísimo!!
Aquí tedes algunhas fotiños da nosa festa...

28 feb. 2019

É TEMPO DE ENTROIDO

Na aula de infantil estamos que non paramos xa que se achega o gran día do ENTROIDO, xa temos moitas gañas de festa. Por iso, estes días facemos diferentes actividades relacionadas coa temática. Velaquí vos dixemos algunhas das nosas manualidades e obras de arte con material de refugallo.







Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...