15 nov. 2010

Preescitura e Prelectura

Como cada mañá ó entrar na clase e despois de poñernos o baby sentámonos na nosa a alfombra para conversar un pouquiño... Este día foi diferente!!! a nosa profe díxonos "non vou falar eu,van falar as miñas mans",e iniciou un xogo de imitación colectivo gesticulando con mans,rostro e con todo o corpo, captou a nosa atención... Despois cada un foi para o seu sitio para dar paso a unha actividade de prelectura que non por básica deixou de resultar interesante para todos.
(1) A profe Sabela trazou un pequeno palote vertical de cor azul na pizarra, e chamouno "cu cu", asegurouse de que todo o mundo era capaz de repetir o seu nome cada vez que ela debuxaba un palote azul na pizarra, e tamén cando ela nos mostraba na pizarra un espazo en branco sen nada escrito, nós non tiñamos que emitir ningún son.

(2) Despois trazou unha serie de palotes azuis(cu cu), alternadas con raias horizontais vermellas(dar unha palmada) e con pequenos círculos brancos ("o"), cerciorándose que a lonxitude deste último cambiaba se había un escrito, o se había varios seguidos; por suposto, os espazos vacíos tiñan igual entidade (os silencios eran sustituídos pola palabra "nada" o a expresión "non hai nada").


Foi moi gratificante constatar o nivel de participación grupal e, incluso,de implicación persoal dalgúns nenos/as durante o desenvolvemento da actividade.

(3) Despois comezamos a traballar a escritura do mesmo xeito, íamos saíndo á pizarra xunto a profe e tiñamos a nosa disposición xices de azuis, vermellas e brancas e nos ía dicindo "cu cús","palmadas", e "oes" de novo...Foi verdaderamente un momento máxico... Logo o plasmamos nun papel.




É unha experincia motivadora para captar a atención dos nosos pequenos e acercar ó alumnado a relación entre significante e significado, básica no proceso lectoescritor. Sabela.

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...