19 nov. 2010

Recupero o meu nome

Imos xogar cos nosos nomes. Así aprenderemos a identificar o noso nome (que isto xa o facemos moi ben) e tamén a recoñecer o nome dos nosos compañeiros/as.

Cada un de nós tiña nunha tarxeta o seu nome, e de un en un presentámonos os demáis. Comentamos cal é máis longo, cal é máis curto, se algún empeza por un son determinado, cantas letras ten...
Despois a profe propúxonos xogar "o nome perdido" e cada un tiña que buscar o nome do neno/a que nos dicía. Esto si que era complicado!!! Para iso a profe  axudábanos formulando preguntas: lembras se era longo o curto? con que letra empezaba? era igual ca a dalgún compañeiro?...

Foi un momento divertido e ademáis aprendimos un pouco máis sobre as letras  e os nosos nomes. Seguiremos facendo máis actividades con eles, xa volas iremos contando.

Saúdiños

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...