25 ene. 2011

Conmemoramos o día da PAZ

Esta semana, o venres día 28, celebrarémolo día da PAZ no cole. Pero os nen@as de Infantil estamos a realizar diferentes actividades na nosa aula coa profe Sabela.
Onte falamos sobre qué significaba PAZ, a resposta dos pequenos non deixaban de ser sorprendentes. Entre outras, eles responderon PAZ significa: amor, xogar con todos os nen@s, compartir, non gritar, obedecer os papis e as profes, non correr na aula... ata David dixo: cando o coello nos trae ovos de Pascua, está claro que confundiuse coa Semana Santa jejejeje.
Somos conscientes de que a PAZ non é cuestión de un día e que hai que levala a practica en tódalas situacións da vida. Estamos coñecendo quen era Gandhi

Gandhi                     

 Personaxe que loitou activamente pola PAZ do seu país. Gracias a iso sabemos que o día da PAZ celébrase un 30 de Xaneiro, en memoria a Gandhi que morreu ese mesmo día.

As diferentes actividades que estamos a facer son:


"Manos blancas" pintamos con pintura de dedos blanca as mans dos peques. Despois todos estamparon as súas mans nun folio de cor e escribiron a palabra PAZ.





Hoxe vimos uns debuxos de Pocoyó "Algo entre amigos", onde Pocoyó e Pato enfádanse pero descubren que non é divertido non ser amigos e estar enfadados. Con elo traballamos a educación en valores : a importancia de ser amigos e xogar xuntos, en definitiva a AMISTADE uns dos conceptos que encerran a palabra PAZ.







Mañá continuaremos traballando un pouquiño máis este tema, saúdiños

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...