14 feb. 2011

Están namorados!!!

Hoxe foi un día moi especial "o día dos namorados" e na nosa clase para conmemorar este día escoitamos os contos de




 "Os bolechas están namorados"  , todos recibían bicos e tiñan cóxegas na barriga.




"Caracol e caracola", Caracol sentíase oscuro e sen brillo ata que Caracola lle desmostrou que era fermoso. Cos seus corniños ao sol, anda que anda e fala que fala descubrirán xuntos en qué consiste a amistade.
Despois estivemos a conversar do importante que é decirlle a un cousas positivas e tamén recibir sentimentos positivos de outras persoas e dos amigos, e como isto nos fai sentir moi contentos.
Para terminar fixemos uns marcapáxinas de corazóns con goma eva e purpurina, así recordaremos sempre canto nos queremos.





Feliz día peques!!!

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...