19 feb. 2011

Noticias: "Atrapado na torre"

Desde cativo soñaba que era capaz de voar.Soñeino tantas veces e con tanta intensidade que non lembro se algunha vez conseguín voar de veras... Teño a sensación de logralo, pero non sei se pola forza do meu desexo ou porque foi real. Agora sei que a Maxia, a verdadeira Maxia, permite voar e vivir emocionantes aventuras viaxando ata onde os nosos soños nos queren levar. Chrystyan Magic


Everest e Chrystian Magic suman forzas no proxecto Atrapados na torre, que conta a peripecia deste mago coruñés para chegar a converterse nun auténtico prestidixitador.
A través dos trucos e das ilusións, o proxecto pretende vencellar a lingua galega con espazos de diversión abertos á fantasía e, á vez, transmitir valores como os do esforzo, o traballo e a constancia para conseguir os soños de cada un.



Sábado 19 de febreiro no Auditorio da Casa da Cultura da Cañiza ás 18:00h




Xa me contaredes o luns, biquiños!!!

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...