22 feb. 2011

Pascuala vaise con Zuleyma

Este fin de semana Pascuala foise con Zuleyma, por fin!!! xa tiña ganiñas de sair do cole a dar unha volta.

 Zule pasou uns días estupendos con Pascuala, o sábado foi ata Ponteareas co seus papis e con ela de compras. Despois preséntoulle a toda a súa familia, e xogou todo o día con ela
Viña encantada de que Pascuala pasara estes días na súa casa e contarnos todo o que fixo con ela.
Está disposta a convidala sempre que queira volver, estou segura de que será pronto e non tardará nada en volver a dar un paseiño.

Moitísimas grazas familia, miles de bicos.

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...