4 mar. 2011

Carnaval, carnaval... Carnaval te quiero!!!

E.... xa chegou o día de sacar os nosos disfraces a relucir. A verdade é que ben bonitiños nos quedaron, grazas ás mamis que estiveron  axudando un montón.
Este ano no noso cole difrazámonos de froitas e os nenos/as de Infantil  éramos unhas ricas e saborosas fresas.


Hoxe era un día moi especial, cheo de maxia e cor. Tiñamos o desfile pola nosa localidade


E xa todos preparados iniciamos a nosa marcha. Primeiro fomos o fogar dos maiores e despois camiñamos ata as antigas escolas da Miñoteira, onde a ANPA tiñanos preparada unha rica macedonia de froitas e chocolate ben quentiño. Todo isto acompañado de música de Entroido e como non podía ser menos dos nosos bailes e cancións das froitas e dos tutti fruitti.

Aquí vos deixamos as fotos para que vexades o ben que saiu todo. Un abrazo moi grande!!!

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...