21 mar. 2011

Pepa vaise con Brais

Este fin de semana a nosa mascota Pepa visitou a unha nova familia. Esta vez tocoulle levala a Brais.

Brais viña todo entusiasmado con Pepa e durante a Asamblea contounos o que fixo con ela durante a fin de semana. Presentouna a toda a familia e para dormir púxolle unha bolsa de auga quentiña, así non pasaría ningún frío.


Pepa está encantada con todos os coidados que leva dos nenos/as e que, a verdade, son estupendos.

 De novo Pepa xa está no cole e disposta a volver a sair o fin de semana.

Mil grazas familia, un saúdiño.

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...