14 may. 2011

Os nosos amigos os animais

Esta semana comezamos un novo proxecto OS NOSOS AMIGOS OS ANIMAIS. Na asamblea a profe preguntounos qué sabiamos deles, algunhas das nosas respostas foron : a xirafa ten un pescozo moi longo, o elefante ten trompa, teñen pelo e algúns son suaves, poden correr, voar, saltar e comen herba e alimentos... Despois se nos platexou a pregunta de qué queremos saber, en liñas xerais as nosas preguntas foron: qué comen, cómo se desplazan, as partes do seu corpo, cómo falan, onde viven... Así que puxémonos mans a obra.

Levamos unha carta as nosas familias para  o que pedimos a sú colaboración...



Queridas familias:

Ímonos embarcar nun novo proxecto, o tema xirará entorno OS ANIMAIS.

Para levalo a cabo, necesitamos a vosa colaboración. Podedes colaborar con todo o material que consideredes útil (contos, películas, cancións, fotos, poesías, adiviñas, información sobre o tema…)

Para facilitar a devolución do material cando remate o proxecto, é necesario poner o nome do neno ou nena no material que traia ao cole.
Moitas grazas pola vosa colaborción


Xa vos iremos contando un pouquiño máis...

Un bico para todos. 

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...