15 may. 2013

A Vaca Lucila vai a vila


Hoxe, cando chegamos ó cole, coñecimos a Vaca Lucila que veu dar un paseo pola nosa vila de A Cañiza. Xa fai moitos cursos que a vaca Lucila anda pola Cañiza ensinándonos seguridade vial. Foi deseñada por unhas antigas compañeiras do noso centro.

Estivemos aprendendo por onde e cómo se deben cruzar as estradas. Para elo vimos este video na PDI "PASEANDO CON ANTÓN Y JERO" da DGT, soamente tes que facer click na imaxen





e despois fixemos estas fichas de creación propia. 

1 comentario:

Ana Martinez dijo...

Unhas fichas fantásticas, Sabela. No blogue do proxecto de educación vial que fixemos o ano pasado, ao mellor podes atopar algo que che valga:
http://proxectoeducacionvial.blogspot.com.es/
Unha aperta

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...