21 dic. 2015

OS CARACOIS

Durante o primeiro trimestre estivemos a traballar e investigar sobre OS CARACOIS. Con frecuencia os nenos e nenas de maneira espontánea traen caracois á clase. Isto nos axudará a facilitar a súa observación e consolidar os contidos traballados, facilitando así a súa aprendizaxe

As preguntas que se facían os máis pequenos eran:

Como son?, como se desplazan?, que comen?, como nacen?, como se protexen?, que tipos de caracois existen?...

Para recadar información buscamos en internet, en diferentes libros, no traballo por proxectos "Canto Sabemos!" da editorial santillana e tamén pedimos axuda ás familias.

Mediante todo este aprendizaxe traballamos moitas das competencias básicas en Educación Infantil, caben destacar:
A competencia de aprender a actuar cada vez máis dunha forma autónoma, aprender a pensar e comunicar, aprender a descubrir e ter iniciativa, aprender a convivir.

A verdade é que aprendimos un montón de cousas 


No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...