16 ene. 2016

A FÁBRICA DOS CONTOS

Comezamos a traballar e invertigar o marabilloso mundo dos contos.
Os contos son unha ferramente estupenda para estimular, por exemplo, o desenvolvemento da linguaxe oral, a imaxinación e a creatividade, ademáis de transmitir e ensinar valores.
Esta iniciativa xurde, por un lado, coma unha actividade de promoción á lectura e, por outro lado, debido ao gran interese e motivación que despertan os contos nos máis pequenos.

No blog  "Rincón de una maestra"  encontré unha fábrica para construir contos. Así que utilizamos este material para facer a nosa propia fábrica.

As tarxetas están seleccionadas por categorías:
- Tarxetas amarelas: principios de contos.
- Tarxetas vermellas: personaxes.
- Tarxetas laranxas: adxectivos.
- Tarxetas azuis: transportes.
- Tarxetas verdes: animais.
- Tarxetas amarelas claras: lugares.
- Tarxetas rosas: finais de contos.



Este recurso o utilizamos na nosa aula para inventar contos tanto de forma colectiva coma individual.






1 comentario:

Ana Martinez dijo...

Moi boa idea. Seguro que os saen uns contos fantásticos. Moi boa semana. Un bico.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...