14 dic. 2016

ADORNOS DE NADAL

Os peques, durante estes días, estivemos ben atareados coa decoración Navideña. Fixemos diferentes adornos : 
Boliñas de Nadal coas nosas fotos, gomets e un pouco de purpurina. Xa listas para ser colgadas.
Papá Noel cun cd, cartulina vermella, ollos e moito,moito algodón para a súa barba e gorro.
E non podía faltar o seu reno Rudolf con témpera marrón para as nosas mans, un pouquiño de cartulina,ollos e pompóns de cor vermella para a súa nariz peculiar e brillante.

E así de chulis nos quedaron!!








Ágora xa lucen ben bonitiños no noso mural da entrada do cole!!. O último día os levaremos para casa e os colgaremos na nosa árbore de Nadal.



2 comentarios:

trinidad pérez-labaca diz dijo...

Quedaron moi bonitiños!! que ganiñas de ir hoxe ao cole e ver todo...;)

Infantil Ceip de Valeixe dijo...

Moitas grazas Trini!! E nós de que veñades e vexades todo o que fan os vosos fill@s, que para eles é moi importante.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...