12 ene. 2017

COMEZAMOS: OS DINOSAURIOS

Xa estamos de volta!!!
Esta semana eleximos entre todos o tema que queríamos traballar. Os resultados da votación foron os seguintes: Os piratas (1voto), A bolboreta (2votos) e Os dinosaurios (5votos). Así que o tema escollido pola maioría foi "OS DINOSAURIOS"
Na asamblea fomos compartindo o que cada nen@ sabía do tema, Que sabemos?
- Viven na terra, no aire e na auga (Alicia)
- Viviron fai miles de anos (Lúa)
- Extinguíronse por un terremoto ( Eva)
- Non, por un volcán que ten lava (Hugo E.)
- Son carnívoros e tamèn herbívoros (Eva)
- Son moi grandes (Hugo R)
Una vez que recollimos as súas ideas previas anotamos o Que queremos saber?
- As partes do seu corpo.
- Os nomes e características .
- A súa extinción.
- A súa alimentación.
- Como son por dentro os pinchos de estegosaurio...
Para comenzar , escribimos unha carta para pedir información ás familias e a fotocopiamos para levala tod@s

  Para finalizar fixemos un debuxo sobre as ideas previas que tiña cada un. Continuará...


4 comentarios:

Ana Martinez dijo...

Seguro que vos queda un gran proxecto. Moi bo segundo trimestre e moi boa semana. Bicos.

trinidad pérez-labaca diz dijo...

Moi ben, empezando con forza!! Chulisimos os debuxos

Infantil Ceip de Valeixe dijo...

Moitas grazas Trini!! 💪🏻

Infantil Ceip de Valeixe dijo...

Esperemos 🙂. Igualmente, unha aperta

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...