15 feb. 2017

AS PEGADAS DOS DINOSAURIOS

Estamos traballando coas distintas pegadas dos dinosaurios.
Os grandes herbívoros tiñas patas anchas e curtas para poder soster o seu corpo. Camiñaban lentamente e as súas patas se lle chamaban "patas de réptil". As súas pegadas eran as máis grandes e redondeadas.

 Os temidos carnívoros, con dentes afíados e moi veloces tiñan as patas traseiras moi fortes e con garras moi afiadas. As súas patas reciben o nome de "patas de bestia".

 E unha das nosas pegadas favoritas: a de aladar . Pegadas de dinosaurios hervíboros pero de menor tamaño e cunha marca de tres dedos , máis redondeada. Reciben o nome de "patas de ave".

Pero sin lugar a dudas, disfrutamos moito realizando un obradoiro de modelado con arcilla. Cada nen@ escolleu a pegada que máis lle gustaba para despois pintala con témpedas. Agora temos uns bonitos pisapapeis.



E a nosa pegada como é? Fixemos diferentes observacións ,detectando semellanzas e diferenzas coas dos nosos compañeir@s, comparando, ordenando de maior a menor...  
Estampamos a nosa pegada, tiñamos moitas cóxegas!!!


No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...