8 feb. 2017

ESTÁ NACENDO UN DINOSAURIO

Que emoción!!! A semana pasada cando chegamos ao cole tiñamos na nosa clase un ovo, de quen será?
  Estas foron algunhas das súas contestacións...
- Dun dinosaurio.
- Profe, non pode ser posible xa que os dinosaurios extinguíronse.

Pois imos ver o que sucede...




Pusimos o noso ovo en remollo e todos os días ao entrar observamos como vai abrindo. Pasaron 5 días e por fin!!! hoxe vimos como asomaba a súa cabeza. Agoara soamente queda esperar para saber que dinosaurio é.

                    

Observamos que os dinosaurios nacen dos ovos , son ovíparos. Teñen forma ovalada ou algo redondeada. Falamos dos seus tamaños e do tempo que dura o seu período de incubación




Pusémonos mans a obra e fabricamos ovos de dinosaurios coa técnica de papel maché. 



Agora xa están todos no noso Museo, e temos que ter moito coidado con eles.

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...