16 feb. 2017

UN LIBRO

"UN LIBRO" é un conto interactivo de Hervé Tullet. Ao abrilo soamente hai unha páxina en branco cun círculo amarelo, invítase ao ne@ a pulsar este círculo co seu dedo. Que neno pode resistirse a semellante dasafío?? Para saber a resposta simplemente hai que darlle a volta a páxina...
E así comeza a maxia!!!





A Hervé Tullet non lle fai falta un derroche de medios, cuns círculos de cores lle basta, para facer da lectura un xogo e un placer.
Aquí vos deixo un vídeo para que vos poidades facer unha idea do conto.




Ocurríusenos plasmalo nunha cadro enorme, para o que soamente utilizamos as tres cores básicas que aparecen no conto (azul, vermello e amarelo). Todos os nen@s pintan a vez baixo as consignas de círculo, punto, recta ou curva. 
Traballamos diferentes conceptos de lóxico-matemáticas , fomento á lectura,a creatividade, o gusto por facer obras de arte...pero sobretodo o pasamos xenial!!







 
Agora xa temos toda unha obra de arte no noso corredor.
 


2 comentarios:

trinidad pérez-labaca diz dijo...

Chulísimo Sabela!! Que artistas!!

Infantil Ceip de Valeixe dijo...

Alegrámonos moito de que che guste!!!. O certo é que tod@s disfrutan moitísimo con este tipo de actividades. Graciñas polo teu comentario, unha aperta ;-)

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...