15 mar. 2017

A CAIXA DOS TRAZOS E POMPÓNS CON PINZAS

Na nosa aula estes días estamos utilizando novo material para realizar diferentes actividades
 
A CAIXA DOS TRAZOS 

É unha estupenda actividade onde o nen@ reproduce de forma sensorial pequenos trazos, diferentes direccionalidades , letras... Utillizan o seu propio dedo en azúcre.
Este recurso utilízase no método Montessori para realizar trazos de letras tendo un modelo diante. A caixa pode ser de azúcre, sal, sémola ou calquera outro material que transmita sensacións no dedo ao tempo que se realiza o trazo.Tamén nos veu de marabilla para realizar as pegadas dos dinosaurios: forma, tamaño...


POMPÓNS E PINZA

 Nunha das bandexas temos pompóns de diferentes tamaños.


É unha actividade moi sinxela pero require algo de paciencia xa que hai pompóns moi pequenos e deben apretar con moita presisión. Traballamos a súa motricidade fina e tamén as clasificacións  ( por tamaños, cores...)

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...