11 may. 2017

A LÚA E AS SÙAS FASES

Os cativos de Valeixe estivemos aprendendo nestes días as fases da lúa. A lúa é un satélite que xira arredor da Terra e que non ten luz. Cando pola noite a miramos non sempre a vemos igual, iso débese a que a lúa ten fases. Primeiro observamos que a lúa non sempre ten a mesma forma, fixemos unha ficha de traballo onde teñen que escribir o nome de cada fase.
Logo creamos un panel ou ruleta, coas formas das fases e os seus nomes. E por último fixemos unha caixa máxica, que eles mesmos decoraron con elementos do espazo, na que se pode observar as distintas fases da lúa. As súas reaccións foron de sorpresa.


    Dentro da caixa no centro e colgada de fío de sedal hai unha lúa de polispán. A caixa tiña catro buratos, un en cada lado, ademais unha lanterna debaixo dun dos buratos. Neste víase a lúa chea, no contrario a lúa nova e nos laterais cuarto crecente e cuarto minguante. 



Tamén empezamos a levar a cabo na Asamblea o calendario lunar. Cada día o encargad@ de aula será o responsable de colocar a forma da lúa correspondente.


1 comentario:

trinidad pérez-labaca diz dijo...

Eu quero ver esa caixa máxica tan chula!!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...