12 nov. 2017

A AUGA , COMEZAMOS!!

Non sin tempo era. Aínda que xa fai semanas disto aínda non encontraramos un momentiño para compartir con vos todo o que estamos investigando, imos despacio pero seguros.
O primeiro que fixemos, en canto decidimos entre tod@s o tema a tratar, foi enviar un aviso ás familias para pedir a súa axuda e colaboración, sen elas non sería posible.



E como non!! xa empezaron a chegar as primeiras aportacións . Eles na Asamblea van explicando o material que trouxeron.

A continuación fixemos o noso Rincón de investigación da Auga con todo o material aportado.
Cada día presentásenos un montón de situacións na que a auga está presente. Os nen@s senten fascinación por ela. Aquí lles ofrecemos un espazo e materiais para experimentar con ela en todas as súas facetas. Descubrila, tomar conciencia do seu valor, axudaralles a apreciala e coidala




Esperamos aprender moitas cousiñas!! Estade ben atentos. Boa fin de semana!!
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...