12 feb. 2018

ENTROIDO 2018

Xa estamos de Entroido e os nosos pequen@s desfrutaron dunha semana chea de troula. O xoves luciron os seus disfraces, ben guap@s viñan da casa!!

O venres celebramos a festa do Entroido por todo o alto. Aínda que tivemos dúbidas, ata última hora, para levar a cabo o tradicional desfile pola nosa localidade... ao final quedamos no cole. Non por elo deixamos de degustar os riquísimos postres tradicionais acompañados dun chocolatiño quente feito polas nosas familias. Moitas grazas a tod@s, unha vez máis, pola vosa colaboración e participación.
Aquí vos deixamos un collage do nosos robots favorit@s.

Desfrutade destes días de festa e descanso. Vémonos á volta!!

4 comentarios:

Ana Gesteira dijo...

Estaban todos moi guapos!! E pasámolo moi ben!!! A disfrutar do entroido...

Ana Costoya dijo...

Moitas grazas por compartir todas estas vivencias dos pequerrechos.

Trini Pérez-Labaca Diz dijo...

Os disfraces...chulísimos!!

Infantil Ceip de Valeixe dijo...

Moitas grazas mamis polas vosas palabras!!!. Encantada de compartir un pouquiño do noso día a día no cole ;-)

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...